Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nace AQUELOUTRAS, semente de Estoutras
22/04/2013
Boas camaradas. Incumprimos o que dixemos na anterior entrada, mais temos un motivo. Este 22 de abril de 2013 naceu AQUELOUTRAS, un novo proxecto informativo e de opinión que retoma o camiño encetado por Estoutras. Animamos ás persoas que seguían Estoutras, a que non deixen de ler Aqueloutras.

BENVIDO AQUELOUTRAS
www. aqueloutras.blogspot.com
Até aqui chegamos, camaradas!
22/09/2012


Após máis de seis anos, botamos o peche desta páxina. Ficará “no ar”, mais sen actualizacións, para aqueles que queiran buscar información ou descargarse algún dos nosos textos.
Agradecemos a todas as persoas que se pasearon por Estoutras nalgunha ocasión. Unha forte aperta para todas elas.

Pola Liberación Nacional e o Socialismo!
Viva Galiza Ceibe e Socialista!
Saúde Camaradas!


Christopher Stevens: Cría corvos e tiraranche os ollos
18/09/2012



 O até hai uns días embaixador dos Estados Unidos na Libia, Christopher Stevens, foi asasinado polos mesmos fundamentalistas aos que o seu goberno financiou e armou para acabar coa Iamahiriya, provocando un masacre de milleiros de persoas.
É a mesma historia que sucedeu e sucede no Afganistán. Tamén alí os imperialistas estadounidenses financiaron aos medievalistas fronte ao goberno popular. Os mesmos medievalistas que matan a diario aos ocupantes ianquis.  
Nesta ocasión o refraneiro é sabio: Cría corvos e tiraranche os ollos.
CEIVAR: Concentraçons solidárias em Vigo e Lugo
17/09/2012
Ceivar

Hoje, segunda-feira 17 de setembro, há convocadas duas concentraçons solidárias ante as últimas detençons de independentistas.
Em Vigo às 20:30 na rua de príncipe (à altura do Museu de Arte Contenporánea).
Em Lugo na Praça de Sam Marcos às 20:30.
Assiste e difunde!
LIBERDADE DETIDOS INDEPENDENTISTAS!
concentracom_compostela_20120916
Alameda de Compostela, 25 de xullo de 1968
15/09/2012

(ESONS) Il Nostro Rancor, Trade Unions
13/09/2012




O Noso Rancor
- Trade Unions-

 - Eu só podo dicir unha cousa: nunca fixen dano a ninguén, nunca fixen dano a ninguén!
- Iso é o que din todos os patróns. E son tan hipócritas que case os cremos.
- Nunca fixen dano a ninguén.
- Por iso ceibastes dos cárceres os delincuentes, e encerrastes os comunistas, eh? Así é, compañeiros. Os fascistas non son como os fungos, que nacen nunha noite. Non. Foros os patróns quen sementaron os fascistas. Quixéronos..., pagáronlles... E cos fascistas, os patróns gañaron cada vez máis, até non saber onde meteren os cartos. E así inventaron a guerra. E mandáronnos a África, a Rusia, a Grecia, a Albania, a Hespaña... Mais sempre pagamos nós! Quen paga? O proletariado, os obreiros, os campesiños, os pobres!

Estoupa contra a miña face
O mesmo vento que nos trouxo aquí
Após anos de represión e morte
O camiño nunca se parou
E despois de toda a vosa honra
A nosa xustiza nunca se rendeu
Sabede que non abonda unha camisa negra
Para vos refuxiardes detrás de tanta vergoña
Non abonda unha páxina menos de historia
Para que volvades saír do sumidoiro
Defendendo o pasado, defendendo a memoria

Ti talvez lembras
Esas faces asustadas e esas persoas
Executadas sen culpa unha mañá de inverno
Falabas de patria, fidelidade e honra
Mais na nosa mente só fica rancor

Mais cando procuro un responsábel desta dor
O único que vexo é o industrial traidor
Xente que pagou, sostivo e quixo
O fascista asasino e servidor do Estado
Non existe antifascismo nin rebelión nin vitoria
Sen borrarmos antes o capital da historia
Non existe paz con pobreza, sen xustiza social
Sen liberdade

Ler mais »
O ditador que vostede non coñece
11/09/2012


O DITADOR QUE VOSTEDE NON COÑECE
Stephen Gowans
What’s left

É un virtual ditador que preside un virtual estado unipartidista controlado pola súa propia minoría étnica. É certo que foi elixido en múltiplas ocasións, mais apóiase na violencia e intimidación para gañar “unhas eleccións incribelmente controladas”.(1) Nas pasadas eleccións, o seu partido gañou todos menos dous dos 546 escanos.(2)

Cando opositores puxeron en dúbida unha destas imposíbeis vitorias, ordenou abrir fogo ás forzas do réxime, «matando a 193 e ferindo a centos. Milleiros de opositores foron arrestados e detidos».(3) Os opositores que non foron encarcerados viron como se lles negaba a axuda alimentar, o emprego e outros beneficios sociais.(4)

Unha rebelión contra o seu réxime foi sufocada a través de «brutais campañas» que incluían violacións e o asasinato do seu propio pobo.(5) O ano pasado, condenou dous xornalistas occidentais a 11 anos de prisión por informaren sobre grupos rebeldes que loitan para derrocaren o seu tiránico réxime.(6) E en 2006, enviou as súas tropas a un país veciño para ocupalo militarmente,

Seica falamos de Bashar al-Asad na Siria? Ou, talvez, de Robert Mugabe en Cimbabue?

Ler mais »
(ESONS): El Cañon de las Hermosas, Banda Bassotti
08/09/2012
 Homenaxe de Banda Bassotti ao Comandante Alfonso Cano


Despedida por falar das súas condicións laborais un medio de comunicación
30/08/2012

Sermos Galiza

A empresa concesionaria da vixilancia das praias coruñesas bota unha traballadora após saír na prensa un comunicado do sindicato en que milita, a CUT, alertando das "graves deficiencias" no equipamento de que dispón o persoal para desenvolveren a súa actividade

Unha traballadora da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia --Fessga--, empresa concesionaria da vixilancia nas praias coruñesas, vén de ser despedida "por facer declaracións que transcenderon a un medio de comunicación" en que denunciaba as condicións en que desenvolvía a súa actividade e que puñan en perigo a propia saúde pública, tal e como se informaba en días pasados nunha denuncia feita pública na súa páxina web polo sindicato CUT, do que facía parte a traballadora, e que apareceu recollida nas páxinas locais dun xornal.

"O motivo do despedimento da nosa compañeira, para alén de constituír un caso evidente de represión sindical, conculca o dereito á liberdade de expresión", quéixanse desde a central, namentres a emprega argumenta na propia carta de despedimento que as queixas da traballadora ao redor das súas condicións laborais son "absolutamente falaces e carentes dun mínimo de obxectividade, causando un grave prexuízo á empresa".

Do que alertaba o comunicado da CUT era das "graves deficiencias" no equipamento do cadro de persoal, polo que iniciarán unha campaña de loita sindical até acadar o fin da restitución da traballadora despedida, e condenan a intención da empresa de "intimidar transladando a mensaxe de que calquera acción en defensa dos dereitos laborais será duramente perseguida e penalizada".
TeleSUR entrevista ao Embaixador da Siria en Venezuela
28/08/2012

O vídeo censurado pola BBC: prisioneiro forzado a ser terrorista suicida polos mercenarios que atacan Siria
27/08/2012

Siria golpea os mercenarios do Occidente
26/08/2012

(Versos de Combate): Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
24/08/2012

AMENCER

Á nazón amiga
Florencio Delgado Gurriarán*
1938


Fóra, popes das somas;
fóra, Zar do silenzo.

Non, debesas na noite,
latifundios do medo;
non moedas de estrelas,
nin burgueses luceiros.

Sol e luz para todos,
para todos ar ledo.

Lúa mingoante, fouce,
outa pena, martelo;
o roibén da alborada
estandarte bermello.

Células de anduriñas
a cantar o Hino obreiro
que o amencer, camaradas
leve os soviets aos ceios.


* Florencio Delgado Gurriarán era o responsábel do Partido Galeguista na comarca de Valdeorras antes da sublevación fascista.
A policía detén o rapeiro mallorquín Valtonyc polas letras das súas cancións
23/08/2012

Sermos Galiza

Tras varias horas en comisaría, Josep Miquel Arenas, Valtonyc, foi posto en liberdade mais con cargos


Non é algo novo no Estado español. Sábeno ben desde grupos de música como Negu Gorriak, Reincidentes ou SA até pallasos como Pirritx eta Porrotx. E cómpre non esquecer a Suso Vaamonde. As letras do que cantas pódenche crear problemas, e non poucos. Vén de sabelo, hai unhas horas, un rapeiro de Mallorca,  Josep Miquel Arenas, Valtonyc, que foi detido pola policía española por mor do que canta, letras contundentes contra a monarquía, a clase empresarial... Todo iso en catalá, claro, máis un 'valor' á hora de ser sospeitoso. Foi posto en liberdade e imputado de dous delitos. 
Segundo informan diversos medios, a detención do rapeiro deriva da denuncia da organización Círculo Mallorquín, que considera que as letras do artistas aldraxan diversos estamentos e entidades do Reino de España, alén de entenderen que ameaza de morte varios dirixentes do Círculo. Segundo relata no seu twitter o propio  Valtonyc, unha vez saído da comisaría, os policías ameazárono: "Tu y tu amigo Pablo Hassel (outro rapeiro combativo) lo vais a pagar caro".
No vídeo que acompaña a noticia, o rapeiro balear leva unha camisola do grupo galego de rock proletario Mencer Vermello.
Unha cita de Castelao e unha cita sobre Castelao
22/08/2012


 Cita de Castelao

Agora convén que faga unha pequena aclaración. Eu non son comunista. Non sei se teño condicións para o ser. Non sei se pesan sobre min prexuízos adquiridos na infancia e na lectura de libros velenosos. Mais chamándome modestamente republicano podo afirmar que teño un espírito aberto, disposto a todo sen pedir ren, e que na miña viaxe á URSS adquirín a convicción de que alí se está a sementar unha nova vida que ha ser o molde dos demais pobos do mundo. E disto non teño absolutamente ningunha dúbida. Se a experiencia fracasase, sempre debíamos ficar agradecidos a un pobo que fai experimentos na súa propia carne, non na carne dos demais. Se a experiencia fracasase sempre sería motivo de admiración e de agradecemento de todos os homes cara ao pobo soviético que con tanta xenerosidade se prestou a facer esta experiencia. Mais se a experiencia triunfa como triunfou, daquela ao agradecemento hai que engadir a admiración e submisión a uns principios que son os únicos que poden salvar o mundo.
Ao volver da URSS e pasar por Londres e París sentín que viviría moito máis a gusto na Rusia soviética.

Castelao, en Nueva Galicia (Barcelona, nº. 43, 12/6/38), citado en Castelao na Unión Soviética en 1938, Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, Vigo, 2012). Tradución propia dun texto orixinal en castelán.


 Cita sobre Castelao de Ernesto Guerra da Cal:

É unha mágoa que un home tan grande sexa tan pequeno nalgunhas cousas. Aquí [Nova York, 1939] estivo dicindo misas estalinistas de pontificial todo o tempo.

Palabras de Ernesto Guerra da Cal a E. Blanco-Amor. Citado en Castelao na Unión Soviética en 1938, Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, Vigo, 2012) Tradución propia dun texto orixinal en castelán.
(1) Comentarios
Aclaración sobre o PREPARA
17/08/2012

Falaba un tertuliano de PRISA que a ampliación do PREPARA era unha estupenda medida para paliar as necesidades básicas das persoas desempregadas de longa duración e, así, evitar a tentación de que “rouben” nos supermercados... Nada máis distante da realidade.

A ampliación do PREPARA refírese exclusivamente a ampliación dos prazos para a poder solicitar. Até agora eran as persoas que esgotasen unha prestación (contributiva ou subsidio) antes do 16 de agosto eran quen podían solicitar esta subvención (pois esta é a súa categoría legal). Agora, e a falta da súa aprobación e comprobar os seus detalles, serán quen esgote unha prestación entre o 16 de agosto e seguramente o 15 de decembro de 2012. Quere dicir, a súa duración non se amplía, quen a cobrou xa non a poderá volver cobrar, e quen a estea cobrando verá como finaliza aos 6 meses. É máis, e se continúa igual, aquelas persoas que hai tres anos cobraron o PRODI, tampouco a poderán cobrar.

Precisamente como o PRODI, as declaracións dos dirixentes do Goberno, van polo camiño de que o PREPARA retome aquela outra exixencia do PRODI, que era non superar un límite de rendas da unidade familiar, entrando na unidade familiar o pai e a nai do solicitante cando este vivir con eles (algo que non acontece cos subsidios).

Os ridículos 399 euros non chegarán ás persoas que máis o precisen (precisamente as persoas desempregadas de longa duración que levan tempo sen cobraren ren). Representan unha esmola que, por riba, se cobra con moito atraso. Non son máis que un insulto da oligarquía e un motivo para que o reformismo ensine cinicamente o V da vitoria.
(8) Comentarios
Non hai posibilidade de neutralidade en Colombia face ao terrorismo de Estado
15/08/2012

ANNCOL

Cando se empeza a ser neutral face ao terrorismo de Estado e a Democracia xenocida, comeza o longo camiño da ambigüidade que conducirá, necesariamente, á complicidade con este.

Fronte a estas expresións crueis da loita de clases, ou somos contraditorios, resistimos e loitamos por superalas, ou renunciamos como servos e aceptamos con resignación o seu designio de oprimidos, condenado as novas xeracións a recibiren esta innobre herdanza.

En Colombia certos sectores sociais tragáronse enteiro o discurso posmoderno da diferenciación, que busca, entre outras cousas, a confusión ideolóxica, a fragmentación  da loita, ou a creación de compartimentos sociais.

Ler mais »
Aniversario do asasinato de Moncho Reboiras
12/08/2012
(4) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com